Especies capturadas

CABALA:

A cabala é do grupo dos peixes azuis. É unha especie peláxica costeira que durante o día permanece no fondo do mar e pola noite sube á superficie para cazar. Forma cardumes e migra, o invierno pasao en augas moi profundas e no verán  acércase á costa.

Péscase con cerco e arrastre o con anzol.

Caracterízase pola súa composición graxa, o seu alto valor enerxético e aporte en ácidos Omega-3.

CONGRIO:

O seu nome científico é conger conger. É un peixe semigraxo. Vive en fondos moi rocosos próximos á superficie ou a máis de 1000 metros de profundidade.

Durante o día permanece oculto entre as rochas e pola noite aproveita para cazar.

POLBO:

Octopus vulgaris é o seu nome científico. Péscase con fisga, nasas, poteira o artes de arrastre. É un molusco cefalópodo. O seu hábitat son fondos rocosos e rocosos-areosos. Durante a noite abandona a súa guarida para capturar a sus presas (nécoras, ameixas, peixes, etc.). Pola contra, durante o día  ocúltase no seu refuxo, formado por pequenos ocos nos que acumula pedras e restos de cunchas.

Ten un cerebro moi grande que lle permite aprender cousas.

Pode chegar a comer os seus propios brazos, que lle sairán de novo. Cando cazan, inxectan ás súas presas unha sustancia que as paraliza (cefalotoxina). As súas glándulas salivais segregan unha sustancia que separa os músculos e vísceras da cuncha, para logo succionalo contido.

LIRIO:

O seu nome científico é Micromesistius poutassou. Pertence ó grupo dos peixes brancos. Vive a media auga entre 100 e 400 metros, aínda que tamén poden estar no fondo ata os tres mil metros.

Forma grandes cardumes e realiza migracións dende as zonas de alimentación ata as zonas de posta. Pon ovos entre o inverno e a primavera.

Péscase con artes de arrastre ou palangre. Os maiores exemplares  captúranse con palangre, e teñen mellor presenza e valor comercial.

Os lirios medran rápidamente e poden chegar a vivir 20 anos. Emprégase na acuicultura como alimento do rodaballo, e nas granxas de Escocia e Noruega para alimentalos salmóns. Tamén se usa para elaborar pastas e fariñas de peixe.

BONITO:

De nome científico Thunnus alalunga é do grupo dos peixes azuis. Péscase con cebo vivo e curricán. É un peixe azul. Os máis xoves móvense a augas próximas ós 18ºC e os adultos en augas máis cálidas. Por iso, no Caladeiro Cantábrico e Noroeste, que é de augas frías, sólo se pescan individuos xoves. É moi importante dende o punto de vista nutricional debido ó seu aporte enerxético. É rico en proteínas, Omega-3 e aminoácidos esenciais.

PESCADA:

Merluccius merluccius. Captúrase cas artes de arrastre e enmalle, con volanta ou con palangre ou pincho. Pertence ó grupo dos peixes brancos.

É unha especie demersal e oceánica. De día vive perto do fondo, normalmente entre 30 e 500 metros de profundidade, e pola noite sube á superficie a alimentarse. Son migracións verticais diarias. As pescadas poden chegar a vivir entre 18 e 20 anos.

RAIA:

Raja clavata. Péscanse con arrastre e enmalle, liña de man ou palangre. Pertence ó grupo dos peixes brancos. É un peixe de fondo, de 2 a 500 metros. Vive sobre fondos areosos soltos o que lle permite esconderse fácilmente na area. Unha vez ó ano pon ovos nunhas casulas en fondos de area. Ten unha grande capacidade de camuflaxe, para iso imita a cor e aspecto do fondo onde vive. Os ovos depositados polas femias nos fondos areosos son arrastrados polas correntes mariñas ata as praias.

SARDIÑA:

Sardina pilchardus. Arte de cerco. Peixe azul. Peixe de superficie costeiro. É unha especie migratoria que forma grandes cardumes. De noite ascende quedándose perto da superficie. Aliméntase de algas microscópicas (fitoplancton) e sobre todo de pequenos crustáceos (zooplancton).

Acostuma pescarse con cerco durante a noite empregando luces para atraer ós cardumes. Tamén se pode pescar sen luz, ás veces chega o reflexo ou fosforescencia para divisalas manchas (pesca á ardora).

 

Fuente: www.pescadegalicia.es

 

 

1324137 visitas
Colaboradores Cofradíaa