Cómo se pescan

PINCHO

Consiste nunha caña de seis ou sete metros cunha liña nai duns 500 metros. Da liña nai colgan uns 20 ou 25 anzois. Normalmente, cada barco leva catro ou cinco cañas.

Unha vez que os peixes pican, o pescador recolle a liña nai cun carrete eléctrico ou hidráulico.

CURRICÁN

Esta técnica consite en remolcar sobre la superficie do mar unha serie de liñas de fío sobre as que colga un anzol e un cebo artificial.

O cebo artificial  constrúese a bordo con follas de millo branqueadas con lexía ou con cintas de cores, especialmente vermellas, azuis, amarelas e verdes.

As liñas de fío colgan de catro varas que a miúdo son elaboradas a partir de ramas de eucalipto. Soen ser dunha lonxitude entre sete e doce metros.

Durante a faena de pesca, as varas dispoñense abertas en forma de abano. O barco  desplázase a unha velocidade de cinco nós/hora, desprazando os cebos artificiais sumerxidos a unha profundidade de dez centímetros.

Unha vez que o bonito queda atrapado no cebo, os pescadores  halano para acercarlo ó barco e poder pinchalo cunha lanza denominada bicheiro para así subilo a bordo.

PALANGRE

Este aparello está formado por cabos cunha lonxitude variable. Do cabo principal colgan outros cabos máis finos, que variarán de lonxitude en función da especie que se vaia  pescar. De cada un destes cabos leva un anzol. A distancia entre estes cabos tamén varía dependiendo da especie a capturar.

Os palangres poden ser de superficie, de fondo, e de fondo e demersal conxuntamente. Normalmente  utilízase como cebo a cabala conxelada.

As mellores horas para este tipo de pesca son as da noite, aínda que depende da especie da que se trate.

REDES DE ENMALLE FIXAS

Nesta modalidade de pesca  manténse a liña de flotación da rede na superficie. A rede permanece fixa mediante pesos ou anclas, ó contrario do que acontece coas redes de deriva.

Están formadas por varios paños de rede colocados de forma vertical sobre o fondo. Cando os peixes intentan atravesala rede, quedan atrapados. Nalgúns casos, son de cor transparente para que os peixes non poidan detectalas.

REDES DE ARRASTRE DE FONDO

O arrastre consiste en remolcar unha rede con forma de bolsa polo fondo do mar para capturar especies demersais.

REDES DE CERCO

As artes de cerco  utilízanse principalmente para a pesca de especies peláxicas. A principal característica desta modalidade de pesca é que antes de largar hay que comprobar a existencia de peixes n este punto. Cando os pescadores detectan un banco de peixes, largan unha rede rectangular ó mar para interceptar o seu paso, rodeando os peixes. A rede, na súa parte inferior, ten un cabo que se chama jareta que serve para cerrala rede dando lugar a unha bolsa na que quedan atrapados os peixes.

 

1305921 visitas
Colaboradores Cofradíaa