Formación Básica

Segundo o artigo 5 da Orde FOM/2296/2002, de 4 de setembro, pola que se regulan os programas de formación dos títulos profesionais de Mariñeiros de Ponte e de Máquinas da Mariña Mercante, e de Patrón Portuario, así como os certificados de especialidade acreditativos da competencia profesional, requerirase a posesión do Certificado de Formación Básica a todo o persoal que exerza funcións profesionais marítimas nos buques civís, así como a aqueles ós que se lles confían tareas de seguridade ou de prevención da contaminación relacionadas coas operacións do buque, en virtude do Cadro de Obligacións e Consignas do Buque, do Plan de Emerxencias de a Bordo no caso de Contaminación por Hidrocarburos ou do Manual de Xestión da Seguridade.

A duración do curso non será inferior a 70 horas, das cales, como mínimo, 45 serán de coñecementos teóricos e 25 de coñecementos prácticos, distribuidas nos seguintes módulos:

-Módulo de supervivencia no mar no caso de abandono do barco (duración mínima de 10 horas lectivas). Prácticas e evaluación de cada alumno neste módulo (mínimo 12 horas)

-Módulo de prevención e loita contra incendios (duración mínima de 15 horas lectivas). Prácticas e evaluación de cada alumno (mínimo 7 horas)

-Módulo sobre adopción de normas mínimas de competencia en primeros auxilios (duración mínima de 10 horas lectivas). Prácticas e evaluación de cada alumno (mínimo 6 horas)

-Módulo de seguridade no traballo e responsabilidades sociais (duración mínima de 10 horas lectivas)

O contido exacto de cada módulo  pódese consultar no Boletín Oficial do Estado número 226, de 20 de setembro de 2002


Anualmente a Xunta de Galicia está subvencionando ó redor de 2 cursos deste tipo a realizar na Confraría de Pescadores de Burela, que acostuman ser a finais de ano. Para poder anotarse a este curso hai que comunicar os seguintes datos: nome e apelidos, número de DNI ou NIE, e un número de teléfono de contacto, é suficiente. Pódese facer telefónicamente, chamando ó número 982585756, a través da sección Contacto da nosa páxina (indicando os datos mencionados) ou enviando un correo electrónico cos datos a cofradia@cofradiaburela.org

 

 

748444 visitas
Colaboradores Cofradíaa