Patrón Costeiro Polivalente

 

 

A duración do curso será de 800 horas para os alumnos que accedan sen a titulación previa de patrón local de pesca, das cales 450 serán para a sección de ponte e común e 350 para la sección de máquinas.

Para los alumnos que accedan coa titulación de patrón local de pesca, a duración do curso será de 500 horas lectivas, das cales 300 serán para a sección de ponte e común e 200 para a sección de máquinas.

ATRIBUCIÓNS:

-Mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora pp e 400 KW (544 C.V.) de potencia efectiva da máquina, adicado á pesca costeira, de litoral ou auxiliar de acuicultura e a unha distancia de ata 60 millas da costa por fóra das liñas de base definidas de acordo coa Lei 10/1977, de 4 de xaneiro, sobre mar territorial e a delimitación das liñas de base rectas establecidas no Real Decreto 2510/1977, de 5 de agosto (BOE 234)

-Exercela xefatura de máquinas en buques pesqueiros con potencia propulsora non superior a 400 KW (544 C.V.)

-Enrolarse como oficial encargado da garda de navegación en buques adicados á pesca de litoral

-Enrolarse como oficial encargado da garda de máquinas en barcos adicados á pesca de litoral

CONDICIÓNS:

-Ter cumplidos 17 anos de idade

-Estar en posesión do título de mariñeiro pescador (antiga competencia de mariñeiro)

-Estar en posesión do graduado escolar ou equivalente, ou ben, estar en posesión da tarxeta profesional de patrón local de pesca

Para anotarse neste curso é preciso cubrilos anexos que aparecen no fichero que figura en descargas, así como enviala documentación que aparece no anexo II. Pódese enviar por correo postal a: Cofradía de Pescadores de Burela, Porto pesqueiro, S/N, 27880 Burela (Lugo)

CALIFICACIÓNS EXAME PCP(Ponte/Común)19/12/2011


 

 

1305888 visitas
Colaboradores Cofradíaa