Formación Sanitaria

As personas encargadas da asistencia médica a bordo que non sexan médicos, deberán realizar un curso de formación teórica e práctica en materia de asistencia médica, establecendo unha formación elemental e outra de máis alto nivel en función da tonelaxe do buque e do tempo de demora á obtención dunha asistencia médica calificada.(artigo 9 do Convenio 164 da Organización Internacional do Traballo)

Hay dous certificados de formación sanitaria para os traballadores do Mar:

Formación Sanitaria Específica Inicial:

É o equivalente á formación en primeros auxilios a bordo establecida na regra VI/4 apartado 2 do Anexo I da Directiva 2001/25/CE relativa ó nivel mínimo de formación en profesións marítimas (Regra VI/4-2 del STCW-78/95, sección A-VI/4-1). 
Están obrigados a estar en posesión deste certificado: Tódolos oficiais encargados da garda na cámara de máquinas. Os capitáns, patróns e oficiais que teñan que encargarse da garda de navegación en embarcacións obrigadas a levar o botiquín C, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, de 12 de febreiro.

Formación Sanitaria Específica Avanzada:

Equivale á formación en cuidados médicos a bordo establecida na regra VI/4 apartado 1 do Anexo I da Directiva 2001/25/CE relativa ó nivel mínimo de formación en profesións marítimas (Regra VI/4-1 do STCW-78/95, sección A-VI/4-2). Obrigatorio para: Os capitáns, patróns e oficiais que teñan que encargarse da garda de navegación en buques obrigados a levar o Botiquín A o B, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, de 12 de febreiro.

Os certificados de Formación Sanitaria Específica terán unha validez máxima de cinco anos, debendo, unha vez transcorrido dito prazo, realizar un novo curso de Formación Sanitaria Específica (inicial ou avanzada) a fin de renovalos.

 

1305806 visitas
Colaboradores Cofradíaa