Información

A Confraría de Pescadores de Burela é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lle están encomendadas.

Actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do sector, dacordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

O seu ámbito territorial comprende dende Rueta ata  punta de Nois.

Ten como Patrón a San Xoan Bautista e como Patrona á Virxe do Carme.

Na actualidade, o Censo de Socios da Confraría conta con 500 socios, 63 pertencentes á agrupación de empresarios e 463 á de traballadores.

Son funcións da Confraría:

1. Orientar a tódolos seus membros sobre as accións derivadas da aplicación da normativa relativa ó sector pesqueiro e, en particular, sobre axudas, subvencións e programas establecidos pola Administración Pública.

2. Promover actividades de formación dos profesionais nas actividades referidas á pesca.

3. Servir de entidade de consulta á Administración, en tódalas cuestións relativas ó sector, en especial na elaboración de disposicións de carácter xeral que lle sexan sometidas.

4. Elevarlle á Administración propostas sobre materias de interese pesqueiro e, en particular, sobre aquelas accións tendentes a melloralas condicións técnicas, económicas e sociais da actividade pesqueira.

5. Promovela creación de servizos comúns para os seus membros.

6. Velar polo estricto cumprimento da normativa vixente en materia de pesca.

7. Colaborar coa Administración na elaboración de estadísticas do sector pesqueiro.

8. Promovela creación de servizos sociais, recreativos, culturais ou análogos para os seus membros.

9. Xestionalas áreas da zona marítimo e marítimo-terrestre que lle foran confiadas mediante título administrativo habilitante expedido pola Administración correspondente.

10. Fomentalo movemento asociativo como instrumento para a consecución dos obxectivos de ordenación e potenciación do sector.

No ano 1997, a Confraría cedeu a concesión da Lonxa do porto de Burela, polo que, dende entón, non realiza actividades de organización e comercialización da producción.

1305943 visitas
Colaboradores Cofradíaa