Formación

A formación é un elemento fundamental para a protección social e a promoción do sector pesqueiro. Persegue facilitar a mellor formación para o pescador que lle proporcione mellorar a súa saúde laboral, mellorala súa actividade profesional e a prevención dos riscos laborais.

O Real Decreto 1519/2007 de 16  novembro,  establece os coñecementos e requisitos mínimos para exercela actividade profesional de mariñeiro nos buques de pesca e para obter a Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador que acredite a capacitación profesional dos mariñeiros que exerzan a súa actividade en buques pesqueiros.

A antiga Competencia de Mariñeiro pódese canxear pola actual Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador en calquer momento sen límite de prazo polo de agora. Ademais, se ó solicitala convalidación se xustifican 6 meses de embarque poderíase obter o Título coa facultade para gobernalas embarcacións pesqueiras de menos de 10 metros de eslora, adicadas á pesca ou auxiliar de acuicultura, que operen exclusivamente dentro das augas interiores de portos y teñan unha potencia adecuada á embarcación, e sempre que non transporten pasaxeiros.

A Orde FOM/2296/2002, de 4 de septembro, pola que se regulan os programas de formación dos títulos profesionais de Mariñeiros de Ponte e de Máquinas da Mariña Mercante, e de Patrón Portuario, así como os certificados de especialidade acreditativos da competencia profesional, establece o Certificado de Formación Básica con carácter obrigatorio para todo o persoal que exerza funcións profesionais marítimas nos buques civís. Esta Orde foi modificada pola Orde FOM/3933/2006, de 19 de dicembro.

1321148 visitas
Colaboradores Cofradíaa