PROXECTO COLECTIVO DE XESTION DAS CONFRARIAS DE PESCADORES DE BURELA E SAN CIBRAO 2025-2026 (PE209P-2025-00012)

A CONFRARIA DE PESCADORES DE BURELA, coa CONFRARIA DE PESCADORES DE SAN CIBRAO como beneficiario 2, ten concedida unha axuda da CONSELLERIA DO MAR da XUNTA DE GALICIA e do Fondo Europeo Maritimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) da UE por un importe total de 72.714,00E, correspondendo o 100% á Confraría de Pescadores de Burela.


O importe total da subvencion concedida ascende a 72.714,00E (subvecionado o 100%), sendo fondos FEMPA o 70% (50.899,80E) e o 30% da CONSELLERIA DO MAR (21.814,20E).


O OBXECTIVO deste proxecto colectivo e reforzar a xestion dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade economica, social e ambientalmente sustentable, cuio proposito e a proteccion e recuperacion da biodiversidade marina a traves dunha mellor xestion e conservacion dos recursos marinos e dos seus ecosistemas mediante a contratacion dos servizos de vixilancia de bancos marisqueiros e asistencia tecnica (unha biologa), durante o periodo que abarca do 1 de xullo de 2025 ao 30 de xuño de 2026.


Os RESULTADOS agardados permitiran que os plans de explotacion de recursos marisqueiros se realicen con criterios tecnicos, ao seren resultados dun estudio continuo da evolucion dos recursos e do habitat, de maneira que se trata de evitar posibles situacions de sobrepesca, colapso de poboacions e deterioro ambiental, o que garantiza que os recursos se exploten baixo criterios de sostenibilidade, mantendo a productividade dos mesmos e, por tanto, o medio de vida dos/as mariscadores/as.


Esta actuacion e cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Maritimo,de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 da UE e un 30% pola Consellería do Mar (Xunta de Galicia).

1784799 visitas
Colaboradores Cofradíaa