A CONFRARIA DE PESCADORES DE BURELA ten concedida unha subvencion para o proxecto de aforro enerxetico nas instalacions de frio existentes xestionada pola entidade e sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por un total de 557.250,75E, concedidos ao 100%, dos cales están subvencionados polo FEMPA (70%): 390.075,53 E, e pola C.A. (30%): 167.175,22E.
O proxecto consiste en mellorar a eficiencia enerxetica das camaras de frio (conxelado) existentes, coa instalación duns equipos novos mais eficientes e a substitucion do illamento das cámaras de frio por outro mais eficiente.
O proxecto afecta directamente a pesca costeira artesanal ao verse mellorada a eficiencia enerxetica do equipamento de frio (camaras de conxelado) que empregan as embarcacions socias da Confraria de Pescadores de Burela de pesca de baixura, concretamente, a frota de artes menores e a frota de cerco, para conservar o cebo que permite, precisamente, practicar unha pesca sostible que respecta o medio ambiente sen resultar invasivo para os ecosistemas mariños.
Entre os resultados obtidos coa implantacion do proxecto atopanse, entre outros, a diminucion do consumo electrico na instalacion de frio das camaras de conxelado da Confraria.