A CONFRARIA DE PESCADORES DE BURELA ten concedida unha subvencion para mellorar a seguridade e as condicións de traballo as persoas pescadoras da entidade.por un total de 81.980,00 E, concedidos ao 100%, dos cales están subvencionados polo FEMPA (70%): 57.386,00 E, e pola C.A. (30%): 24.594,00 E.
O Proxecto ECOBINS localizase no Porto de Burela (Lugo), no peirao norte, nas instalacions dos baixos da CONFRARIA DE PESCADORES DE BURELA, podendo ser utilizados os contedores (bins) de uso colectivo que comprende o proxecto, tanto para transportar as artes de pesca (aparellos e nasas), cordas, mortos de fondeo ou calquera outro util de pesca, ata os propios baixos da Confraria onde se atopan as instalacions usadas de almacens e para a reparacion de arte de pesca, como ata aos almacens auxiliares, departamentos de pertrechos de armadores, etc. e, mesmamente, ata as embarcacions atracadas nos peiraos norte e sur do porto, xa que se trata dun equipamento complementario a estibadora de terra, transpaleta e as carretillas elevadoras electricas para o movemento das citadas cargas, equipamentos do que dispon a entidade para facilitar a actividade pesqueira dos socios e socias que conforman o colectivo da pesca artesanal, conseguindo deste xeito levar a cabo un uso seguro e ergonomico que manteña a carga contida.
O uso destes contedores de uso colectivo permite a mellora ergonomica e a seguridade na manipulacion de cargas no Porto de Burela, asi como a ordenacion, proteccion e manexo das artes de pesca artesanal, contribuindo a unha optima racionalizacion do uso dos espazos portuarios.
Por outra banda, o Proxecto ECOBINS adoptase baixo un modelo de economia circular, priorizando a transicion dende un sistema lineal de "uso e descarte" (propio dos pales de madeira, sacos e envases precarios actuais) cara a un modelo de ciclo de vida pechado, materializándose este enfoque en ecodeseño e durabilidade, reciclabilidade post-consumo e a reducion de impacto por degradacion.
Entre os resultados obtidos coa implantacion do proxecto atopanse, entre outros:
-Ergonomia e Saude Laboral: lograrase unha reducion drastica dos sobreesforzos fisicos. A manipulacion de cargas sera mais lixeira e segura, diminuindo a incidencia de doenzas musculo-esqueleticas entre a frota da pesca artesanal
-Seguridade e Orde: o porto contara con zonas de traballo despexadas e organizadas. A estiba uniforme dos contedores/bins permitira un transito fluido e eliminara os puntos criticos de accidentes por elementos rotos ou mal amoreados
-Sostibilidade e "Porto Verde": eliminaranse os residuos plasticos e de madeira derivados da loxistica. O proxecto acadara un obxectivo de residuo cero mediante a reutilizacion e o reciclaxe final do 100% do material
-Impacto Social Tanxible: consolidarase un modelo de inclusion social onde o sector pesqueiro apoia activamente a inserción laboral de persoas con discapacidade
-Eficiencia Operativa: Reducion dos tempos de carga e descarga, permitindo unha mellor xestion das xornadas de pesca e unha maior proteccion das artes de pesca, que veran prolongada a sua vida util ao estar debidamente protexidas