PROXECTO INNOVACIÓN TECNOLOXICA E DIXITAL NA COMUNICACION E XESTION "COFRADIA BURELA 4.0" (Expte: PE155A-2026-00080)
O Proxecto COFRADIA BURELA 4.0 ten como OBXECTIVO XERAL implementar unha plataforma web integral de vangarda que actue como infraestrutura dixital estratexica para modernizar a comunicacion, optimizar a xestion institucional e potenciar a competitividade e visibilidade da Confraria e profesionais do mar.
Os OBXECTIVOS ESPECIFICOS do Proxecto son:
-Desenvolver unha ferramenta tecnoloxica dixital inclusiva que garanta o acceso universal a informacion da entidade
-Facilitar o acceso publico a contidos sobre xestion institucional, ordes de axudas, lexislacion pesqueira e actividades da Confraria
-Divulgar, mediante contidos audiovisuais e descargables (QR), as artes de pesca artesanais e a calidade das especies locais para fomentar o consumo responsable e a pesca sustentable
-Visibilizar o papel fundamental da muller no sector do mar e atraer o talento mozo rachando a brecha xeracional
-Crear un espazo de interconexion que sirva de fio condutor dos proxectos GALP da entidade
-Conectar o sector coa sociedade para reforzo da identidade mariñeira
A FINALIDADE do Proxecto COFRADIA BURELA 4.O é establecer unha infraestrutura dixital propia e estratexica que modernice a relacion entre a institucion, o sector produtivo e a sociedade, buscando optimizar a xestión institucional, mellorar a transparencia e fortalecer a competitividade do sector pesqueiro local, posicionando a Confraria como un referente de innovación no territorio GALP A Marina-Ortegal mediante a valorizacion dixital dos seus recursos, os seus produtos e a sua identidade cultural.
Os RESULTADOS esperados son:
-Creacion dunha plataforma integral (web 4.0) que centraliza a comunicacion e optimiza a xestion institucional e profesional
-Acceso axil a axudas, formación e lexislación, garantindo unha publicidade clara da actividade da Confraría
-Impulso da pesca artesanal e do produto de Burela mediante contidos audiovisuais e ferramentas interactivas (QR)
-Visibilizacion permanente do traballo da muller no mar e fomento da remuda xeracional cunha linguaxe moderna
-Colaboracion con entidades sociais de colectivos con diversidade funcional para que os audiovisuais e a exposicions dixitais sirvan como recursos de lecer terapeutico e integracion social
-Identidade e Sinerxias: Fortalecemento da marca "Burela" e posta en valor de todos os proxectos anteriores do GALP A Marina-Ortegal